Thursday 02 de May de 2024

Frades abre a inscrición no Mes da Saúde, que inclúe 4 xornadas no Hotel Balneario Compostela todos os martes de marzo pola tarde


O Concello de Frades abre hoxe luns 13 de febreiro o prazo de inscrición no programa “Mes da sáude”, unha iniciativa que inclúe catro xornadas nas instalacións do Hotel Balneario Compostela (Brión) que terán lugar nas tardes de todos os martes do próximo mes: 7, 14, 21 e 28 de marzo. Un programa dirixido unicamente a veciños e veciñas empadroadas en Frades, que deberán anotarse no Concello ou no teléfono 981 695 567.

A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición. O prezo mantense nos 40 euros por persoa, xa que o Concello de Frades subvenciona o 70% do custo da iniciativa e porá un autobús á disposición das persoas participantes, que os recollerá polas distintas parroquias. A saída será da Garabanxa ás 15:00 horas.

Os veciños e veciñas participantes deberán levar da casa traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina. Durante esas catro sesións no Hotel Balnerario Compostela desfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.